O CONCELLO DE PALAS CONVOCA UN CONCURSO DE POSTAIS NADAL 2023
O Concello de Palas de Rei organiza e convoca, un ano máis, un concurso de postais, no que poderán participar todos os nenos e nenas do CEIP de Palas de Rei. As bases que rexen a convocatora de dito concurso son as que seguen:
«BASES DA CONVOCATORIA DE CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL»
PRIMEIRA. Obxecto da Convocatoria
O Concello de Palas de Rei, co propósito de fomentar a creatividade, a expresión artísticas, o espírito participativo e os valores sociais e solidarios, ten o propósito de celebrar o «Concurso Postais de Nadal 2023»
SEGUNDA. Participantes
Poderán participar no concurso todas e todos os alumnos e alumnas do CEIP de Palas de Rei.
Cada autor poderá presentar ata un máximo de 1 postal.
O prazo para entregar as postais para o concurso será desde 4/12/2023 ata 15/12/2023. As postais deberán presentarse ben no CEIP ou ben nas oficinas do Concello de Palas de Rei.
O concurso de postais contará coas seguintes categorías:
-Infantil
-1.º e 2.º de primaria
-3.º e 4.ª de primaria
-5.º e 6.º de primaria
TERCEIRA. Convocatoria do concurso
Convocarase o concurso mediante os medios que se consideren máis oportunos para dar a máxima difusión e facilitar a máxima participación como: taboleiro de anuncios do Concello de Palas de Rei, páxina web do concello, facebook do concello, prensa, radio, anuncios, no CEIP de Palas de Rei.
CUARTA. Tema e formato das postais
O tema do concurso é o NADAL. As obras deberán ser orixinais e inéditas.
O Comité organizador do concurso resérvase o dereito de rexeitar a participación daquelas postais cuxo contido non se axuste ao tema do concurso.
QUINTA. Presentación
As postais poderán presentarse ata o día 15 de decembro (tomándose esta data como límite).
Poderán presentarse en persoa ou a través do CEIP. Presentaranse en sobre cerrado sen identificación do autor ou autora e baixo un título e a categoría na que concursan. No interior deste sobre incluirase outro cerrado co mesmo título e os datos persoais do autor: nome, apelidos e curso.
SEXTA. Rexeitamento de obras
Serán rexeitadas todas aquelas postais que non cumpran coas condicións establecidas nas presentes bases.
SÉPTIMA. Premios
Determinaranse 1 premio para cada categoría:
– Infantil ———————————– agasallo
-1.º e 2.º de primaria——————- agasallo
-3.º e 4.ª de primaria——————- agasallo
-5.º e 6.º de primaria——————- agasallo
OITAVA. Xurado
O Xurado estará composto por persoal corporativo, designados pola Alcaldía a proposta da Delegación de Cultura.
A presidencia honorífica do Xurado ostentaraa o Sr. Alcalde da Corporación o persoa en quen delegue.
O xurado avaliará as postais en función da creatividade, a orixinalidade e a habilidade artística.
O fallo do Xurado deberá considerarse inapelable, comunicándose a todos os participantes de acordo coas Bases que regulen cada un dos distintos concursos que se celebren.
NOVENA. Fallo do Xurado e entrega de premios
O Xurado, unha vez finalizado o prazo de presentación de obras, reunirase e examinará as obras presentadas, relacionando coidadosamente, mediante caracteres distintos, cada postal co sobre cerrado que conten os datos do autor, de tal maneira que, unha vez valoradas as postais e decididos os premios, se poda, con posterioridade, coñecer aos autores. Para iso, darase o mesmo número á postal e ao sobre cos datos do autor.
O fallo do Xurado comunicarase aos participantes o día 21 de decembro para a entrega de premios que se fará no colexio aos alumnos gañadores.
Será necesario que os premiados estean presentes á hora de recoller o premio, salvo que exista impedimento físico ou inescusable.
O fallo do Xurado deberá ser considerado inapelable, comunicándose a todos e todas os e as participantes de acordo coas Bases.
DÉCIMA. Exposición
Ao finalizar o Concurso e co obxecto de difundir as obras, iniciarase unha exposición coas postais premiadas e as declaradas finalistas. A dita exposición celebrarase a partir da data de entrega dos premios e terá unha duración de 3 semanas.
UNDÉCIMA. Propiedade das obras
As obras poderán ser distribuídas, copiadas e exhibidas polos organizadores do Concurso, que non obterán ningún beneficio comercial das ditas accións. Os autores resérvanse o resto de dereitos.
DUODÉCIMA. Outras determinacións
A participación neste concurso implica a aceptación de todas as bases. A organización resérvase o dereito a introducir, se o cre conveniente, as modificacións necesarias para o bo funcionamento do concurso.