🌟 Tachán! Xa o sabedes: o 23 de decembro 𝐶𝑜𝑟𝑐𝑜𝑠𝑒𝑛𝑑𝑜 materialízase nun lugar privilexiado, na Igrexa de Vilar de Donas. Imos enchela de música, recordos e fíos para tecer unha historia ben bonita.
Poderánse ver as fotografías das nosas 𝑐𝑜𝑠𝑡𝑢𝑟𝑒𝑖𝑟𝑎𝑠 intervidas por Verónica Ramilo @ramiloveronica (xa nos mandou un adianto e prometémosvos que está facendo unha preciosidade).
Vai estar tamén Helena Salgueiro @helenasalgueiro_ estreando a performance que prepara para a ocasión, Olga Novo e Ana Pérez Valdés @valdnadstudio falando das súas intervencións no libro que virá despois de Xabier Mailán @palleiracibernetica estreando a videocreación que titulou ‘As mans núas de quen nos vestiu’.
Ademais Zoelas @zoelas_grupo vai poñer a música, unha canción inédita composta para este proxecto. A cooperativa Indaga e o Colectivo Agrocuir @agrocuir vannos falar un pouquiño da aplicación ‘Arquitecturas da memoria’, inspirada en 𝐶𝑜𝑟𝑐𝑜𝑠𝑒𝑛𝑑𝑜.
Ademais haberá un petisco… Non ides atopar plan mellor! Esperámosvos coa ilusión polas nubes 💗
Instituto de Estudos Ulloáns (@audiovisuais.ieu) • Fotos y videos de Instagram