O Concello de Monterroso convoca o IV Concurso de decoración de Nadal. Haberá dúas categorías, comercial e asociativa. O tema a desenvolver xirará en torno ao ambiente de Nadal. Esta campaña ten como finalidade amosar as obras anónimas de decoración que realizan os veciños/as do Concello, coincidindo coas datas de Nadal e en ningún momento ten finalidade comercial.
Con este concurso búscase:
- Dinamizar a participación activa dos/as cidadáns/ás.
- Colaborar en infundir un ambiente navideño decorado baseado no traballo común, na fraternidade e na cooperación.
- Contribuír ó aforro enerxético en torno a materiais de decoración navideña e dispoñer de elementos decorativos que aporten á localidade un entorno navideño acolledor e ilusionante.
- Dar protagonismo activo ós cidadáns, colectivos e empresas e fonte de desenvolvemento e intervención comunitaria na sociedade.
- Fomentar o uso de materiais reciclables como recurso educativo á cidadanía a través da transformación do espazo.
Establécense dúas categoría:
- Comercial: Poderán participar empresas privadas ubicadas en Monterroso e que realicen a súa montaxe dento do termo municipal (comercios, hostaleiros, perruquerías). Estas montaxes poderán estar en escaparates ou fachadas nos negocios.
- Asociativa: Poderán participar Asociacións inscritas no Rexistro Municipal de asociacións, no caso de utilizar chan público este será asignado polo Concello e non poderá repetir ubicación se participaron no ano anterior.
O tema a desenvolver xirará en torno ao ambiente de Nadal. Haberá total liberdade en canto á técnica e estilo. Valorarase presencialmente polos membros do xurado:
- A creatividade.
- A orixinalidade.
- A combinación de elementos e cores.
- A iluminación e composición.
- Motivos empregados para decorar.
- Uso de materiais reciclables.
Como inscribirse?
Os impresos poderán obterse no Espazo Cultural Lorenzo Varela. Os impresos debidamente cumprimentados presentaranse no correo electrónico concursos.concello.monterroso@gmail.com antes do 11 de decembro sendo preciso enviar ata un máximo de 3 fotos do elemento decorado, facendo constar no asunto do correo electrónico Participación concurso decoración de Nadal, así como o nome da persoa ou entidade participante.
A montaxe e desmontaxe dos elementos decorativos será realizado por cada participante. Os elementos decorativos navideños deberán estar expostos durante o período mínimo do 11 de decembro ata o 8 de xaneiro, ambos inclusive. Se non se cumprira dita condición, desestimarase a participación de quen incumprira. Os elementos decorativos deberán ser visibles dende a rúa.
Premios
Serán anunciado na web do Concello de Monterroso. O día 5 de xaneiro de 2024. E estarán distribuídos do seguinte xeito (Tarxetas moedeiro para gastar en empresas locais):
Categoría Comercial
1º Premio.- 250 €
2º Premio.- 200 €
Categoría Asociativa
1º Premio.- 150 €
2ª Premio.- 150 €
O Concello de Monterroso convoca o IV Concurso de decoración de Nadal (ecosdacomarca.com)