O LEVELS 2023 FEST REUNE MAÑÁ Ó COMBO DOMINICANO, ÁLEX MARTINI, MARCOS MAGÁN, ENTRE OUTROS NUNHA GALA BENÉFICA CONTRA O CANCRO INFANTIL EN PALAS DE REI
Mañá venres celebrase en Palas de Rei o “Levels 2023 Fest”, un evento musical con carácter benéfico contra o cancro infantil. Este evento musical, que se celebra no Polígono de Palas a partir das 22:00 horas, foi presentado polo tenente de alcalde de Palas, Amando Sande, xunto cos organizadores do Festival e representantes de Protección Civil de Palas de Rei.
O Festival, con gran poder de convocatoria, conta coas actuacións do Combo Dominicano, Álex Martini, Dumore, DJ Sonic, Carlos López e Marcos Magán. As entradas aínda se poden comprar a través da plataforma de Woutick.
A organización poñerá un servizo de autobuses para persoas que queiran asistir desde os concellos limítrofes de Antas de Ulla, Monterroso, Agolada e Melide, así como, de Arzúa e desde Lugo.
O alcalde de Palas de Rei, Pablo Taboad, valora “positivamente a importancia de eventos deste tipo tanto polo fin, como pola, a repercusión deste na ocupación hostaleira do municipio en plena temporada baixa”. Neste senso, agradeceu a todos os patrocinadores do “Levels 2023 Fest” a súa labor e manifestou o compromiso dos veciños con estes eventos especiais, así como, a todos os artistas colaboradores por estar en Palas de Rei.