É para nós un pracer que O Gran Camiño Cycling teña en conta o noso Concello e sexa unha das etapas polas que discorra a proba.

Efren Castro adiantou que, o 23 de febreiro, o Concello de Taboada será un punto chave da etapa xunto co veciño Concello de Chantada e que terá como pano de fondo as ribeiras do Miño.

Hoxe á mañá tivo lugar un acto celebrado no miradoiro de Ponte Mourulle, xunto ao responsable da organización, Ezequiel Mosquera, o tenente alcalde de Taboada José Portela, o concelleiro de Cultura, Deporte e Medio Rural Manuel Diéguez e a concelleira de Igualdade,Benestar e Sanidade Patricia Conde.

A Área de Deportes manifestou que pon a disposición da organización todo os medios precisos para o transcurso da proba.

🚵O Gran Camiño Cycling amosará ao mundo a #RibeiraSacra lucense, co apoio da Vicepresidencia. Deputación de Lugo

🏞️#Taboada e #Chantada serán puntos chave da segunda etapa da volta ciclista profesional a Galiza, que contará un ano máis co patrocinio da área de #Deportes e que se disputará o 2️⃣3️⃣ febreiro

📺As imaxes das ribeiras do #Miño chegarán a máis de 170 países a través da retransmisión da carreira, na que participarán os mellores equipos do mundo

Facebook Concello Taboada

Facebook Vicepresidencia. Deputación de Lugo