UN GRUPO DE HOSTALEIROS LOCAIS ÚNENSE NA ORGANIZACIÓN DAS PRIMEIRAS XORNADAS GASTRONÓMICAS DE TAPAS DE NADAL EN PALAS DE REI
Un grupo de hostaleiros locais únense, nunha iniciativa conxunta de dinamización do sector, na organización das primeiras xornadas gastronómicas de tapas de nadal en Palas de Rei que terán lugar do 27 ao 30 de decembro, nos seis establecementos participantes na iniciativa, esto é: Arenas, Xaniño, Reloxería, Curro, Casa do Outeiro e Quinto Carallo.
Nas xornadas de tapas, cada establecemento participante presenta dúas tapas saladas e unha doce que entrarán nun concurso de tapas de nadal, con diferentes propostas, orixinais e innovadoras destas datas.
Nos citados establecementos, os clientes póden adquirir unha cartilla por valor 5 euros que dá dereito a unha tapa por establecemento, nos seis establecementos participantes no concurso de tapas, se o cliente esgota a cartilla sellando nos seis participantes (consumindo seis tapas) entra no sorteo de 6 ceas para dúas persoas nun deses locais participantes. Os organizadores da iniciativa animan a cidadanía a participar e degustar as creacións gastronómicas do concurso.