XXI Memorial de Atletismo Eduardo Fernández Villamarín – Rábade

Este ano por vez primeira aumentan os premios e tamén haberá para os tres primeiros atletas provinciais, así como para o primeiro corredor e corredora rabadense na proba absoluta.

O Concello de Rábade organiza para o sábado 27 de xaneiro o XXI Memorial de atletismo Eduardo Fernández Villamarín, ‘Negrín’, con saída pola tarde da Praza de España e recollida de dorsais no mesmo lugar.

Eduardo Fernández Villamarín, Negrín, foi un dos fundadores da Sociedade Atlética Rabadense e gran impulsor do deporte na vila e na provincia, e con cuxo nome foi bautizado o pavillón municipal.

Ás 16:30 horas farase a saída dos rapaces e ás 17:00 horas dará comezo a carreira absoluta que percorrerá 6,8 km e discorrerá dando dúas voltas a un circuíto urbano. A clasificación será absoluta masculina, absoluta feminina e por categorías.

A recollida de dorsais farase a partir das 15:30 horas.

Premios

Os tres primeiros clasificados de cada categoría terán premio e ademais, haberá un trofeo, denominado tamén Eduardo Fernández Villamarín, que se entregará ao equipo que conte con máis participantes que rematen a carreira, así como distincións para o primeiro e primeira corredores rabadenses clasificados na proba absoluta.

Os pequenos recibirán de premio vales de 50 euros para a compra de material deportivo e os adultos premios que oscilan entre os 350 euros para o primeiro e 150 do terceiro, tanto na categoría masculina como feminina.

Ademais, os primeiros participantes da proba absoluta que crucen en primeira posición o sprint intermedio situado ao final da primeira volta e rematen entre os 20 primeiros da clasificación xeral agasallaráselles cun dorsal para a Behobia – San Sebastián, por cortesía de Viajes Almar – JAVO.

Este ano por vez primeira aumentan os premios e tamén haberá para os tres primeiros atletas provinciais, así como para o primeiro corredor e corredora rabadense na proba absoluta.

Haberá un agasallo para todos e todas as participantes de todas as probas. A entrega de premios e trofeos farase ao remate da carreira.

As inscricións para todas as categorías poden facerse ata o xoves 25 de xaneiro na páxina web: www.memorialnegrin.gal.

(cerca)


SD MONTERROSO. Semana 1: 1 enero hasta 7 enero 2024 – Monterroso

⚠️ Volven as competicións ligueiras para os nosos equipos senior ⚠️

♥️🤍 GO REDS 🤍♥️

⚽ SENIOR A vs @ud_xove_lago
🍻 Partido patrocinado por Café BRUSELAS
✈️ Se queres acompañarnos no autobús, saída ás 13:00 do Café Bruselas. Avisar con antelación: 652 474 560 (Balbi)

GO REDS! ♥️🤍

⚽ S.D. MONTERROSO B vs @sd_oural_
🏆 COPA DEPUTACIÓN 2ª e 3ª
👕 Partido patrocinado por @oteromoda

O noso filial recibe esta fin de semana ao líder da Segunda Galicia para desputar a primeira fase da Copa Deputación.

GO REDS! ♥️🤍

https://www.instagram.com/s.d_monterroso/


OS REIS MAGOS CHEGAN A ANTAS – Antas de Ulla

👑 Os Reis Magos visitan Antas de Ulla este venres nunha máxica festa para a infancia.

👉🏼 O Concello de Antas de Ulla recibe este venres, 5 de xaneiro, a visita das súas maxestades, os Reis Magos de Oriente, cunha gran festa dirixida á rapazada da vila. A festa celebrarase na Praza Nova entre as 16.00 e as 20.00.

A celebración inclúe unha festa con inchables e animación musical, co DJ David Expósito. Os Reis Magos de Oriente tamén acudirán á festa para saudar á rapazada de Antas de Ulla e recoller as cartas cos seus desexos.

“Este venres será unha tarde chea de maxia, antes da noite máis especial do ano para os máis pequenos da casa. Animamos a toda a veciñanza a achegarse á festa, desfrutar coas actividades e saudar aos Reis Magos durante a súa visita á vila”, sinala Pilar García Porto, alcaldesa de Antas de Ulla.

Info en: https://loom.ly/4RoMBZI

Facebook


BeerFest – Portomarin

Portomarín contará con terceira edición da BeerFest, que se celebrará do 3 ao 5 de maio de 2024 con obxectivo de seguir crecendo en presenza de cervexeiros e de público logo do éxito das citas precedentes.

Pero a organización non só adiantou a data de celebración, tamén deu a coñecer os produtores que formarán parte desta cita, que vai encabezada polos británicos Verdant e Beak. Pero tamén destacan outros moitos como a grega Seven Island ou Garage, Caleya, Pyrene, Rec, Espiga, Sanfrutos, Attik e Alé.

A oferta volve ser ampla para cubrir os gustos de todos os amantes da cervexa e completarase cunha oferta lúdica que se dará a coñecer en próximas datas, así como o apartado musical.

O Portomarín Beer Fest pretende posicionarse como un festival cervexeiro de referencia no chan da comunidade galega. Xorde como iniciativa dun grupo de afeccionados, algúns coñecedores do sector, tras traballar durante anos en locais especializados en cervexa artesá que buscan, organizándoo, dar resposta a un baleiro de eventos desta índole en Galicia.

(cerca)


PALAS TAPAS – Palas de Rei

UN GRUPO DE HOSTALEIROS LOCAIS ÚNENSE NA ORGANIZACIÓN DAS PRIMEIRAS XORNADAS GASTRONÓMICAS DE TAPAS DE NADAL EN PALAS DE REI

Un grupo de hostaleiros locais únense, nunha iniciativa conxunta de dinamización do sector, na organización das primeiras xornadas gastronómicas de tapas de nadal en Palas de Rei que terán lugar do 27 ao 30 de decembro, nos seis establecementos participantes na iniciativa, esto é: Arenas, Xaniño, Reloxería, Curro, Casa do Outeiro e Quinto Carallo.

Nas xornadas de tapas, cada establecemento participante presenta dúas tapas saladas e unha doce que entrarán nun concurso de tapas de nadal, con diferentes propostas, orixinais e innovadoras destas datas.

Nos citados establecementos, os clientes póden adquirir unha cartilla por valor 5 euros que dá dereito a unha tapa por establecemento, nos seis establecementos participantes no concurso de tapas, se o cliente esgota a cartilla sellando nos seis participantes (consumindo seis tapas) entra no sorteo de 6 ceas para dúas persoas nun deses locais participantes. Os organizadores da iniciativa animan a cidadanía a participar e degustar as creacións gastronómicas do concurso.

https://www.facebook.com/concellopalasderei

https://www.instagram.com/burguer_bar_xanino/


PARTIDO SOLIDARIO. PALAS CD – Palas de Rei

O vindeiro 📆 31/12
Ás 🕔 16:30h
En 📍Os Chacotes
Terá lugar o noso partido solidario de Nadal.
Nel enfrontaranse, cómo todos os anos, LOBOS 🐺 contra CORDEIROS 🐑 e queremos aprobeitar o encontro para facer unha recollida solidaria de xoguetes 🧸.

Todos os que veñades a disfrutar do encontro podedes traer todos aquelea xoguetes usados ou vellos (non rotos, porfavor) que xa non usades e doalos no bar do campo ⚽️.

Despois, todas as doacións, serán entregadas no concello e eles encargaranse de repartilos antes de Reis a todas aquelas familias da contorna que o poidan necesitar.

Por iso, agardamosvos a todos o día 31 para cerrar o ano da forma máis solidaria posible e axudándonos a que ningún neno ou nena quede este ano sen un xoguete co que poder disfrutar 🎄.

#familiaceleste#aforzadoloboresidenamanada#forzapalas#palascd#clubedeportivopalas#nadalsolidario

Palas CD ⚽️ (@palascd) • Fotos y videos de Instagram